vou
parar o tempo
e quererte
coas maus
.
na noite,
as estrelas son buratos no ceo*.
costa sur.
onde dobra o atlántico.
ceo azul intenso de mañá cedo.
area sol mar.
cigarras en concerto,
bubelas carriços pardais pega rabilonga.
o vento move as acácias.
cae vertical o sol.
as paredes imitan a Picasso
os pés semellan croquetas de area.
a pel colle sentido e xungue, non limita.
fáise unha co ár.
é fácil non pensar en nada
cando o mar lambe a praia.
o mar de cor turquesa.
déixome levar polos vós das gaivotas.
e ollo para dentro.
coma buscando o mar en min.
a orixe húmida.
o placton.
———————————–
*Os loango, unha tribu do Congo, din que o paxaro carpinteiro escalou polo fio da arañeira até o ceu. Aló picoteou a bóveda celeste e fixo os buratos que chamamos estrelas.
.
.
observo
a figueira
as suas follas amarelas
como vai
desprendéndose delas
para pasar o inverno
e aprendo
dela
.
.
recapitular a luz dos dias
apuntalar o tempo
reformular as metas
os traxectos as estratéxias
os pasos
nesta mañá de agosto
chove coma outubro
e cheira á terra mollada
e a sexo
e a café sen ela
fortalecer a vontade
encher de osíxeno as olladas
reconstruir a proteina.
.
.
nas miñas vidas anteriores
fun estudante de bioloxia
na anterior experimento ortopédico
antes morador de recantos
e cultivador de soedades
en todas as miñas vidas anteriores
soñei con ser horticultor
de ínfimas parcelas
de un metro máximo dous
e compartir as acelgas
cos caracois e as eirugas
tiven as maus coma raices
moi perto da terra
a pescudar as outras fondas
primeiras vidas
aquelas nas que fiquei inmóbil
abraiado talvez
pola existéncia fermosa
das luminosas sombras
.
.
ás veces envexo
aos nenos
que falan con todo
e fágome neno
olá, almofada
bos dias!
que ben durmimos esta noite
abrazados
e fuches quen eu quixen
e fun quen ti quixeches
meu amor brando das noites
compartimos soños
e emociós
miña caloriña
comodín dos meus abrazos
.
.
levabas tres dias
durmindo no sofá
pero esta noite
no médio do meu sono
acurrunchácheste silandeira
no meu leito
.
abraceite
e durmimos coma nenos
.
.