o tempo feliz

.

talvez o tempo feliz máis fermoso e intenso é o futuro máis inmediato.

esa antesala do presente.

saboreamos os momentos felices neses segundos antes de acontecer,

pois no presente o própio acontecer tápaos.

no presente xa están comezando a morrer.

a cabeza é unha trituradora de tempo que converte todo en pasado.

.

Published in: on Novembro 30, 2008 at 12:31 pm  Deixar un comentario  

este vento a bater

este vento a bater

na xanela todo o tempo.

a noite móvese e danza

coma se fose mar.

gosto tanto

de estar

así clandestino

contigo.

Published in: on Novembro 28, 2008 at 1:57 pm  Deixar un comentario  

non sei realmente si existo

non sei realmente si existo.

só cando fago

fotos e cando estou

con ela.

talvez é todo

unha mesma cousa.

ou existir é iso.

Published in: on Novembro 27, 2008 at 12:22 am  Deixar un comentario  

chove fóra

chove fóra

a pel suave como auga lenta na erva.

énchese de calma o ar.

bruidos ao lonxe

os gatos, unha pingueira, o vento.

a luz cae vertical.

xa durmes logo dos suores

e os cheiros compasados e tolos.

a saba é unha pelota nos pés do leito.

dúrmome en ti.

Published in: on Novembro 24, 2008 at 1:35 am  Deixar un comentario  

as miñas maus espidas

as miñas maus espidas

tocarán o teu ventre

e no maremoto verde

os calcetís de lá

o chapoteo e a taquicárdia

caldo de nabizas

a nosa calor na cociña

empañará a xanela

as pupilas dilatadas de Bach

a ferver na auga dos cachelos

calzós ou bragas, que máis ten

pégame o sono así ben

sentiremos chover desde a calor da cama.

Published in: on Novembro 20, 2008 at 12:25 pm  Comments (1)  

a cerdeira sacra

amo este tronco ferido

esta sombra de paxaros

coa primavera no sorriso.

amo esta ollada fértil

as raices que afondan

nesta terra

que eu piso e labro.

comungo coas cereixas

e os seus licores.

amo este son de abellas

a zugar nos lábios

quentes do verao.

Published in: on Novembro 18, 2008 at 9:28 am  Deixar un comentario  

auga pequena

auga pequena

voltar á escola

coas follas secas.

auga pequena

entre o sol que fuxe

o cheiro á terra.

Published in: on Novembro 16, 2008 at 10:40 am  Deixar un comentario  

cando te abrazo me prolongo

cando te abrazo me prolongo

os meus límites se extenden

quero sentir a urxéncia da tua boca

mentras soan as alarmas no meu peito

e o latido entre as pernas

nas tuas noites brandas

quero mirarte en paz

e gardar

os teus instantes valiosos

Published in: on Novembro 15, 2008 at 12:11 pm  Deixar un comentario  

unha bombona pagada ao contado

unha bombona pagada ao contado

no extremo oriente

mil números da sorte

un dia anubrado de paxaros

a noite escura da alma

no presente ti es

coma chúvia de maio

os fentos medran

non hai calma

será o futuro imperfecto do subxuntivo

nas tuas pernas longas

e altas coma ningunha.

Published in: on Novembro 14, 2008 at 12:34 pm  Deixar un comentario  

quero estrenarte hoxe outra vez

quero estrenarte hoxe outra vez

coma se nunca o mar

tivese chegado a nós

como se as nosas bocas nunca

beberan de ti nin de min.

quero sentir de novo

a escuma quente das tuas ondas a bater

nas aristas cortantes do meu corpo

e o teu sabor de mar a percorrer

língoas de pel e acantilados.

quero encetar outra vez hoxe

os camiños de auga no teu peito

e perfilar os teus volumes certos

con maus tremantes e inexpertas.

Published in: on Novembro 13, 2008 at 11:36 am  Deixar un comentario