se se incendiasen as noites

se se incendiasen as noites

coa luz da tua pel

se estes buratos negros

me levasen ao fondo do teu sexo

se esta aperta baleira

se enchera coas tuas formas que amo

se non fose tan difícil

vivir sen ti

Published in: on Novembro 13, 2008 at 11:27 am  Deixar un comentario  

se poidera alongar

cerdeira-texto-1

Published in: on Novembro 11, 2008 at 8:40 pm  Deixar un comentario  

hai un merlo ás nove

hai un merlo ás nove

que nas tardes

cantaba

e nun chopo o vento

facia mar nas follas.

xa nas tardes de neno.

e hoxe canta a cochorra

na cerdeira

e son eu.

Published in: on Novembro 10, 2008 at 9:21 pm  Deixar un comentario  

quixera ficar

quixera ficar

e morar neste recanto

arrecuncharme acó

debaixo mesmo

da tua orella pequena

e falarche cousas

baixiño.

Published in: on Novembro 9, 2008 at 1:38 pm  Deixar un comentario  

hai unha ponte cada vez

hai unha ponte cada vez

que te vexo.

autobuses urbanos

esfáchanse nas vitrinas da moda

e a xente como en espellos

vai e ven.

repartidores de cervexa e de cocacola

aledan a tarde.

neste maio electoral as paredes

amenazan con promesas e políticos

gran circo mundial dous únicos dias.

pero hai unha fonte

cada vez que te vexo.

Published in: on Novembro 7, 2008 at 8:48 pm  Deixar un comentario  

abrazo este olor

abrazo este olor que perdura

nas miñas glándulas ou memória

na química do amor

e cheiro a ela

a ondanadas

a pel

Published in: on Novembro 7, 2008 at 8:42 pm  Deixar un comentario  

que hai fronte desta barricada

que hai fronte desta barricada de soños?

erguemos alambradas contra da nosa eséncia.

invento un soño

 e comezo a camiñar sobre el.

e cando remata, como na táboa dos tiburós,

e para non caer á auga e ser devorado,

invento outro soño.

 e así.

Published in: on Novembro 7, 2008 at 12:30 pm  Comments (2)  

soñei que iba nun tren

Soñei que iba nun tren, sacaba un calcetín e tirábao pola xanela.

Agora, espertei cun pé espido.

E o que realmente me preocupa é que non dou atopado o calcetín que me falta.

Published in: on Novembro 7, 2008 at 12:19 pm  Deixar un comentario  

ainda que non digan o teu nome

ainda que non digan o teu nome

agora todas

as cousas

as verbas

as músicas

os xestos as risas

os aromas os ventos

os ritos as festas os siléncios

estanme a falar de ti

ainda que non digan

o teu nome

Published in: on Novembro 7, 2008 at 12:15 pm  Deixar un comentario  

nas tardes apuntaladas

nas tardes apuntaladas

da primavera

asaltoume

máis dunha vez

a idea das ruas adoquinadas

e as tabernas

da Alfama

Published in: on Novembro 7, 2008 at 12:10 pm  Deixar un comentario