.
hoxe soñei
contigo e a tua risa
soñei coas tuas maus e a tua pel.
coa tua preséncia
e co teu amor.
espertábasme con bicos e feliz.
e hoxe souben que es ti
iso que boto tanto en falta
de min mesmo.
.
.
hoxe soñei
contigo e a tua risa
soñei coas tuas maus e a tua pel.
coa tua preséncia
e co teu amor.
espertábasme con bicos e feliz.
e hoxe souben que es ti
iso que boto tanto en falta
de min mesmo.
.
.
só no naufráxio
das bocas,
no instante húmido
dos cataclismos
e treboadas da pel,
acéndese ese olor de enxames
que medra
no baleiro dos barrancos
da dor e do pracer,
do sofrimento e da éxtase,
do osíxeno e da asfíxia.
.
.
gastábaselle axiña o tempo.
un dia descubriu
que o reloxo tiña
un burato
e pingaban os minutos por el.
.
.
de novo chove con forza
e o fume do sándalo divídese en dous,
danza na música.
é apenas un dilúvio
a inconexa saudade das cousas
o bruido desa mosca na penumbra de decembro.
non leas a páxina anterior
e escoita a música.
éntrame a loita
cando penso en ti.
.
.
hoxe cólase o frio
polas fendas da madeira.
o forno da cociña baleiro
ten a forma quente dos teus pés.
cheiro á leña e á henna do teu pelo.
o lume fálame de ti nesta noite de chumbo e de siléncio.
pero todos din feliz navidad.
.
.
os deseños agatuñan pola parede do cuarto.
só a lámpada perdida na brancura do teito
cae.
ás veces axúntanseme na memória lugares coma Lalin e Paris.
pois hai un papel na parede
que se repite como as unllas negras cando viaxo.
ou un lavabo no cuarto que me leva a Lisboa.
o armário cheira a pensión húmida de Compostela.
os bruidos e muelles da cama e a almofada enorme e inútil
son universais e cosmopolitas.
.
escribir. coller un lápis e un caderno e poñerse a escribir.
escribir por ejemplo la noche está estrellada y tiritan azules los astros a lo lejos.
escribir na mesma postura das outras mañás, co sabor do café e a luz malva na xanela.
escribir palabras e nomes escribir sms e enviar.
escribir pablo ou escribir neruda.
escribir termalgin escribir ola! e enviar.
e recibir ola! cargado de enerxia cun rostro pegado, un ola! que é un sorriso luminoso.
escribir que laten os pulsos escribir que baixan as escaleiras escribir que o sol está alto e os pés están frios.
escribir trenes e viaxes.
escribir branco e negro viño tinto escribir triana pink floid
escribir cuarto luz música esperanza
escribir mau pel bico liberdade.