os deseños agatuñan pola parede do cuarto

.

os deseños agatuñan pola parede do cuarto.

só a lámpada perdida na brancura do teito

cae.

ás veces axúntanseme na memória lugares coma Lalin e Paris.

pois hai un papel na parede

que se repite como as unllas negras cando viaxo.

ou un lavabo no cuarto que me leva a Lisboa.

o armário cheira a pensión húmida de Compostela.

os bruidos e muelles da cama e a almofada enorme e inútil

son universais e cosmopolitas.

.

Published in: on Decembro 2, 2008 at 1:33 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://zonadesonhadores.wordpress.com/2008/12/02/os-desenos-agatunan-pola-parede-do-cuarto/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar un comentario