.
o sabor da calma
o medrar da erva
a imaxe dun lóstrego
un instante
caen os copos de neve
coma flores brancas
a sua boca
o sorriso luminoso
os seus ollos transparentes de auga
o tempo non existe
só cando está parado
ou pasado
.
.
o sabor da calma
o medrar da erva
a imaxe dun lóstrego
un instante
caen os copos de neve
coma flores brancas
a sua boca
o sorriso luminoso
os seus ollos transparentes de auga
o tempo non existe
só cando está parado
ou pasado
.
.
aleatórias formas imperfectas
coma ese berro contínuo
que fura na luz verde da horta.
beleza rota que non.
coma o tronco da cerdeira
desequilíbrio das forzas
que nacen no interior.
harmonia que non.
fallas tectónicas de min
nos sismos lentos da quietude longa.
.
.
sinto chover
coma quen escoita
a tua voz
coma un son
amantiño
na efervescéncia
da tarde
o vento no loureiro
e a luz da neve
.
.
se a calor na sombra
se o rio e a erva
se o ar na pel
e as noites de grilos
se os teus ollos en min
se o mar e a lua
se o sol e as bolboretas
e a luz tan cedo
se a auga fresca
e a risa no rostro
.
hai gatos e farolas acesas na noite
estragando os biorritmos do paxaro
a soidade das tendas pequenas os prezos a lápis hai pan de aldea.
é imposível non poden estar de oferta esas olladas
hai xente arrimada á barra
pedindo a berros un clarete
e rapazas de longuísimas pernas
camiñando a rua nova onde a porta da muralla
parece que non hai espazo dentro
nunca entrei nese bar