achego unha mau á outra

.

achego unha mau á outra

vou xuntando unha a unha

as xemas dos dedos

e vou sentindo fluir

a electricidade

unha via láctea nun espello convexo

a música contínua e metálica

dos meus latexos

a auga

como a auga dun rio no val

sen présa pero decontino

.

Published in: on Febreiro 20, 2009 at 6:48 pm  Deixar un comentario  

atrapados

o contrasinal do email

o carregador da cámara

o contrasinal do caixeiro

o carregador do portátil

o contrasinal deste blog

o carregador da lanterna

o contrasinal do computador

o carregador do cepillo dos dentes

o contrasinal do cartón de crédito

o carregador das pilas

o pin do móbil

o carregador da afeitadora

os contrasinais das webs

o carregador da mente

o contrasinal do corazón

Published in: on Febreiro 7, 2009 at 10:13 pm  Deixar un comentario