preciso do sul na miña casa

.

preciso do sul na miña casa

deste sol entrando na cociña

e no baño

das xanelas luminosas

.

e sentarme cara ao oeste

e sentir que a luz

procede da esquerda

.

Published in: on Marzo 26, 2009 at 9:21 pm  Deixar un comentario  

é todo efímero

.

é todo efímero

nada perdura

só as cousas que non se poden tocar

é coma escribir cun lápis

coma este sol fermoso

na cerdeira

nesta mañá de sábado e paxaros

condeados a morte

pola piqueta e o ladrillo

.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 8:41 pm  Deixar un comentario  

as pingas da chúvia mansa

.

as pingas da chúvia mansa

lavan o mundo

a cerdeira ri tímida

coas suas primeiras flores

.

escurecen as cores

baixa a luz

marzo parado

.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 5:10 pm  Deixar un comentario  

a cidade brilla

.

a cidade brilla

nesta noite baixo os meus pés

coma unha lua chea

.

ameite tanto

que os buses urbanos

circulan baleiros

polas portas da muralla

.

e rebenta o siléncio

nas lousas do chao

.

Published in: on Marzo 8, 2009 at 11:52 pm  Deixar un comentario  

ao remate do dia

.

cando sacamos o lixo á porta,

 á noitiña,  

é cando nos decatamos

de que outro dia remata,

 descomposto.

deberiamos tirar nesa hora

con todo o negativo da xornada.

( O sábio Detritus)

.

Published in: on Marzo 3, 2009 at 8:37 pm  Deixar un comentario