os meus ollos viaxan

.

Os meus ollos viaxan cara a ti cada noite

abrazado á almofada

mentras as sirenas cantan na rua as suas urxéncias

eu ardo nos meus incéndios de lumes sen osíxeno

e esbaro polas sabas de neve

con suores de néboas

conecto cos teus beizos con tarifa nocturna

e recargo a bateria nestes soños de calma

 

pola mañá,

cando as gruas traballan, fanme acordar

mudan sombras e luces

e a escena vira a negativo

coma unha ponte

salto dun soño a outro

por riba da vida

cara a ti cada noite

abrazado á almofada

.

Published in: on Abril 24, 2009 at 11:57 am  Deixar un comentario  

vai frio e nestes pés

.

bufa el viento por las calles estrechas

y la luna resbala blandas gotas oscuras

(Juan Luis Panero)

.

vai frio e nestes pés que van pasando 

brancos azuis hai algo mollado

que esbara Paris nas luces

.

dás voltas  sempre

dás voltas

sempre

.

 falan francés

a guitarra no metro soa sempre igual

 

que importa que sexan

as tres da tarde

 esta porta non existe

se ti non entras por ela

.

(do outono 1987)

Published in: on Abril 17, 2009 at 11:06 pm  Deixar un comentario  

na imperfección da noite

.

nunca eu fun como te amo  (Uxio Novoneyra)

.

 

na imperfección

da noite

o tempo e mais as luces

fanse longos e concisos

.

os ollos non serven

.

Paris é unha nube

unha folla seca

neste outono sobre

o Seine

.

(do outono 1987)

Published in: on Abril 17, 2009 at 10:29 pm  Deixar un comentario