.
amólate
non calarei a boca
non clausurarei o corazón
nen cortarei a rosa da xanela
amólate amor
co meu amor
en versión orixinal
e sen subtítulos
.
.
amólate
non calarei a boca
non clausurarei o corazón
nen cortarei a rosa da xanela
amólate amor
co meu amor
en versión orixinal
e sen subtítulos
.
.
domingo gris de chúvia
castañas asadas
un dia tras doutro van caendo
a calor da casa
.
percurala nunha pel amada
arrodear un olor
deixarse querer
.
canta o paporroibo
escurece a luz na tardiña
outono
outonos
.
.
agardo lentamente
pola densidade da tua compaña
coa velocidade da rosa
que asoma na xanela malva
neste tempo que aboia no ar baleiro
.
e gozo na espera
co siléncio que medra
nesta luz que me abraza
.
.
agora cando as noites se alongan
e o sol está baixo
agachadas nas néboas da lembranza
onde se misturan os soños
e as realidades
aparecen aquelas noites dela
co recordo suave
da sua pel de seda
nas miñas maus
e o seu riso fresco
a estoupar no tempo
.