nunha fermosa barricada

.

sinto vivo

o latexo

da casa inevitábel

onde moran os pousos

do noso amor de resisténcia

.

non pasarán

por riba dos nosos bicos

rebentarán

as flores das violetas

e mais o canto dos merlos

nunha fermosa barricada

.

Published in: on Xullo 6, 2009 at 9:18 am  Deixar un comentario