vou espindo as paredes

.

vou espindo as paredes

deshabito os espácios coa dor do tempo nas maus

as cousas desgarran a miña pel

fican as pegadas dos nosos bicos e das bágoas

do amor e das soedades

os teus pés no forno da cociña de ferro

o son do sacho na horta

as festas dos gatos coa lua chea no soto

as nosas tardes de auga na bañeira

as castañas asadas e o pan da casa

derradeiras semanas coa casa e a árbore

cómpre arrincar as raices sen esfolar a alma

.

Published in: on Outubro 29, 2009 at 11:37 am  Deixar un comentario  

hai un poema que fala de ti

.

hai un poema que fala de ti

é doado de atopar 

o terceiro

á dereita nesa páxina

na que pousas a  mau

e acarícias as letras

.

Published in: on Outubro 27, 2009 at 12:23 pm  Deixar un comentario  

om

.

non pensar

en nada

nin tan sequera

nisto

.

Published in: on Outubro 25, 2009 at 10:07 am  Deixar un comentario  

nas tardes violentas de pole

.

nas tardes violentas de pole e meliteas

nas que vivir non basta

iremos visitar as covas

onde a miña boca se enche co teu nome

gramíneas ao vento

nubes de insectos

danza de libeliñas transparentes

minutos cristaiños

rotos polo ruido das factorias

.

Published in: on Outubro 16, 2009 at 9:36 pm  Deixar un comentario  

acarício o teu corpo

.

creo que soy porque te invento

(Julio Cortázar)

.

acarício o teu corpo

na tarde verde

zúgame a luz

nos teus ollos claros

.

hoxe quero escoitar

os grilos

na noite

.

Published in: on Outubro 15, 2009 at 12:07 pm  Deixar un comentario  

hoxe cae

.

hoxe cae

outra folla da cerdeira

coma nunca caira

nun espectáculo

único

.

sen a tua voz

.

Published in: on Outubro 8, 2009 at 11:30 am  Deixar un comentario  

cando me abrazas

.

hai unha lua

chea

cando

me abrazas

.

Published in: on Outubro 4, 2009 at 11:11 am  Deixar un comentario