coa sombra programada

.

intermiténcias semáforos de choiva

agachados entre estrelas e regatos

ruidos insisténcias teléfonos ardentes

megafónicas teorias resisténcia das pedras

molladas por orballos de rutina

cemitério bosco de lóstregos luz longa

sirenas alarmistas rompemento de siléncios

mortes asolagadas en berces de cemento

regatos de cafés con música de fondo

e marcianos axexantes comecartos

morrendo en histórias repetidas

présas de rodas con fume de ronseis

árbores en ringleiras coa sombra programada

portas con horários aduanas do tempo

anduriñas rexistradas estatísticamente

aséptica vida en museos embotellados

e balcós de xeránios rebelándose sempre

amencer en papel prensa cun berro engaiolado

de nenos guarderias zoolóxicos da vida

e vellos arquivados paxaros en asilos

caracois loitadores de asfáltico sorriso

editados en estéreo e múltiples cores

homes e mulleres existéncias numeradas

control de garantia e pedigree á vista

carné de identidade e duración prevista

e remuiños nas ruas camiñadas de mortos

urbanista do medo suliñando importáncias

agardando minutos de baleiras olladas

e argallando futuros nas xanelas da nada

.

                                                                      (de maio 1982)

Published in: on Novembro 14, 2009 at 10:15 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://zonadesonhadores.wordpress.com/2009/11/14/coa-sombra-programada/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: