bótote en falta

.

motores gasóleos

rompen as mañás

de siléncio

cheiros hidrocarburos

invaden os brónquios

cores impersoais

nas paredes ainda alleas

.

vou soltando as ventosas

dos tentáculos

e traio

a alma da casa

aos poucos

.

bótote en falta

quen sexas, pero

bótote en falta

.

Published in: on Decembro 31, 2009 at 1:15 pm  Comments (2)  

o teu nome

.

onde aparece

o teu nome

non habita

o olvido

.

Published in: on Decembro 24, 2009 at 12:59 pm  Deixar un comentario  

sementes

.

ás veces

ao remover a terra

hai sementes

que levan anos durmidas

e despertan

.

Published in: on Decembro 24, 2009 at 12:57 pm  Deixar un comentario  

neve

.

escurece

o ceo vaise poñendo gris

a cada vez máis gris

finalmente o ceo

é negro sen estrelas nen lua

o cristal da xanela frio

de xeo

.

mais agroma unha luz

móvese

o ceo clarexa e móvese

cae

baixa

coma unha cortina clara

son estrelas que caen

e póusanse no chao

branco

todo branco e luminoso

é neve

máis unha vez

está a nevar

.

Published in: on Decembro 17, 2009 at 11:53 am  Comments (1)  

a serra do iríbio

.

 nacín ollando á Serra do Iríbio

vivín sempre

cun Iríbio nos ollos

o Iríbio con neve o Iríbio con sol

o Iríbio con lume

ao lonxe no horizonte

decote a sua silueta

no leste da miña casa

onde nace o sol

.

Published in: on Decembro 11, 2009 at 8:37 pm  Comments (1)  

Inachis io

.

lalín de bolboretas

sol e ti

tractores a empacar

a erva

os paspallás que trae o vento

e os teus lábios

de papel que parecian

.

Published in: on Decembro 6, 2009 at 12:44 am  Deixar un comentario