sen palabras

.

amarte

por correo

por email

contrarreembolso ?

.

abrazos por seur

bicos por ebay

carícias sms ?

.

eu

quero amarte

sen palabras !

.

Published in: on Agosto 1, 2010 at 12:34 am  Deixar un comentario  

a luz na pel

.

a luz na pel

coma unha foto do tempo

luces e sombras

reveladas

na paisaxe tectónica

forza interior

que agroma

na asimétrica xeometria

do meu corpo

camiños que levan

ao corazón

.

Published in: on Xullo 11, 2010 at 11:02 am  Deixar un comentario  

para amarte

.

cinco dedos

en cada mau 

para amarte  

dez conexiós eléctricas

de pel acesa

 

 

Published in: on Xuño 18, 2010 at 7:48 pm  Deixar un comentario  

virtual

.

se un dia te atopo

de frente pola rua

e ves que comezo

a tremer

fai favor bótame un cable

escrébeme

un comentário

ou dime algo punto com

.

Published in: on Xuño 14, 2010 at 8:19 pm  Comments (1)  

viño vello

 .

estou sen sabas

porque estou sen ti

.

aroma de cravo

viño vello

o sabor da madeira

.

Published in: on Xuño 14, 2010 at 2:43 pm  Deixar un comentario  

estarás

.

estarás aquí

só cando deixe

de agardarte

.

Published in: on Xuño 9, 2010 at 9:04 am  Comments (2)  

mar

.

por que esta sensación de mar

agora

cando escoito na chúvia

o son suave da auga

que canta

.

 non vexo

os teus ollos

 deixei talvez de soñar

cos teus ollos claros

.

por que agora

esta música do mar

no tellado

e este desexo de pel

na tarde gris

.

Published in: on Maio 16, 2010 at 6:09 pm  Deixar un comentario  

deserto

.

siléncio ausente

neste deserto de ti

.

nestes ventos do norte

nestes ventos da noite

.

tempo deserto

templo deserto

.

Published in: on Maio 5, 2010 at 11:22 pm  Deixar un comentario  

tic tac

.

as células

a proteina

.

a forma dos texidos

a bioquímica

as barreiras

os movementos

a pel

.

todo limítanos

e mantennos vivos

.

dentro de min

fóra de ti

.

Published in: on Febreiro 19, 2010 at 2:18 am  Comments (1)  

planeta que danza

.

lua que medra

estrelas que viaxan contigo

sinto o teu riso

a xirar

no mundo da miña casa

coma un planeta

que danza

.

medra a lua

na friaxe do ceo

remata xaneiro

.

e vai vindo a primavera

.

Published in: on Xaneiro 25, 2010 at 1:03 pm  Deixar un comentario