fágome neno

.

ás veces envexo

aos nenos

que falan con todo

e fágome neno

olá, almofada

bos dias!

que ben durmimos esta noite

abrazados

e fuches quen eu quixen

e fun quen ti quixeches

meu amor brando das noites

compartimos soños

e emociós

miña caloriña

comodín dos meus abrazos

.

Publicado en: o Novembro 28, 2011 ás 1:13 pm  Deixar un comentario  

soño

.

levabas tres dias

durmindo no sofá

pero esta noite

no médio do meu sono

acurruncháchete  silandeira

no meu leito

.

abraceite

e durmimos coma nenos

.

.

Publicado en: o Outubro 25, 2011 ás 10:20 pm  Deixar un comentario  

amarte

.

irei

contigo

a marte

muller

do abrazo verde

.

Publicado en: o Outubro 19, 2011 ás 10:32 pm  Deixar un comentario  

agora

.

agora

que xa

non entendo

nada

comezo a comprender

as preguntas

.

Publicado en: o Setembro 4, 2011 ás 11:17 pm  Deixar un comentario  

óllame

.

óllame

antes de que a dor floreza

mírame

antes de que o tempo cale

 .

antes de que o mar rebente

espeta os teus ollos

na miña pel

e nos cantís do meu corpo

 .

antes de que o sol se apague

e se pechen as curvas totalmente

óllame

.

Publicado en: o Xullo 12, 2011 ás 12:58 am  Deixar un comentario  

chove e escampa

.

chove e escampa chove e escampa

chove e escampa

o sol brilla na erva mollada

coma un saxofón

fai escalas de luz

as nubes pulsan as chaves e dosifican

a cantidade xusta de sol

a love supreme

ceo gris follas verdes terra mollada

domingo

.

Publicado en: o Marzo 31, 2011 ás 4:52 pm  Comentarios (1)  

no cume

. 

 

no cume non medra nada

non hai vexetación

.

nen os sentimentos

– que son as árbores da alma —

medran no cume

.

non hai no centro augas definitivas

todas fluen

corren cara a unha vertente

ou cara á outra

 .

Publicado en: o Marzo 12, 2011 ás 10:25 pm  Deixar un comentario  

eu son

.

sae o sol

inconmensurábel

nos latexos da vida

as pedras frias que sento nas xemas dos dedos

érguense coma ósos

ferve o horizonte mañá

hoxe onte

agora

xa

.

eu son

o meu corpo

eu son o meu sangue

eu son os meus ritmos

e os meus impulsos

sen medida

.

Publicado en: o Febreiro 3, 2011 ás 1:49 am  Deixar un comentario  

somos acaso

.

somos acaso

a agulla

do xiradiscos

.

imos lendo o sulco

no disco da vida

que xa está

escrito

?

.

Publicado en: o Decembro 13, 2010 ás 10:15 pm  Deixar un comentario  

o ceo

.

a próxima vez

verémonos nun lugar neutral

comezarei a camiñar cara a ti

comezarás a camiñar cara a min

e onde nos atopemos

montaremos as nosas tendas

e fumaremos a pipa da paz

e tusiremos polo fume

pois a paz irrita os corazós dos guerreiros

coma ti e coma min

e ollaremos o campo ata que sexa

o meu campo e o teu campo

e sentiremos o ar

ata que sexa o meu ar e o teu ar

e escoitaremos o rio ata que sexa

o meu rio e o teu rio

baixo do teu ceo

 baixo do meu ceo

.

Publicado en: o Novembro 7, 2010 ás 2:06 am  Deixar un comentario  
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.